martes, 25 de noviembre de 2008

Non o Plan Vigo Íntegra 30N 12:00 Praza dos Cabalos. Vigo

30 colectivos berrarán forte pra evitar outra ferida máis pra terra dos nosos netos, xa non pra nos. De seguir a este ritmo no futuro máis inmediato quedaríamos cunha Galiza chea de "cidades dormitorio" (cousa que vai conseguindo a retirada por exemplo do tren cercanías nos pobos). O abandono rural e pesqueiro a prol de terreos ben baratos para a instalación de naves industriais.
Empobrecemento cultural, auxe das mafias, monopolio laboral; esperase usar Pontevedra coma unha especie de almacén...
Os seres ruins e miserables que son manexados polos sabios demos dos cartos, tratan de vendérnolo progreso como asfalto, contaminación e velocidade.
Berraremos pois na contra da súa verdade que se ampara no "porquesí" e falan en plural das necesidades de un sector. Falaremos, pois, da nosa que básase principalmente en que nós movemonos por Galiza. Usamos a súas carreteiras, os seus hospitais, os seu transporte...

Sabemos de que falamos.

NON O PLAN VIGO ÍNTEGRA

(Enlace o tríptico de A Ría Non Se Vende)

martes, 4 de noviembre de 2008

Resaca das Anti-sgae

Pois si. Asistín, falei e quedei bastante a gusto. O concerto despois tivo algún problemiña tanto técnico coma humán pero a min deixoume un bo sabor de boca.
As actuacións na rúa recibiron a visita dos espontaneos de azul que quixeron saber máis a súa maneira dos homiños e mulleiriñas que alí estabamos, disfrutando de títeres, concerto sen cables, teatro etc...
Non conseguiron chafala festa. Xa non cheguei o Koxo pero según me contan a noite rematou coma comezou, moi ben.

Agora a Tiradoura nos agarda.